Taller artesán

Loli no taller artesan de Queiper Laza

No ano 1994, na localidade de Laza, nace Queiper Laza SL. O meu proxecto persoal; unha tenda de roupa e un taller de corte e confección de prendas e traxes tradicionais a medida. Especialízase na confección do traxe de Peliqueiro, a figura indispensable e máis recoñecida dun dos entroidos máis enxebres e lexítimos de toda Galicia, o Entroido de Laza, declarada Festa de Interese Turístico.

O traxe de Peliqueiro que eu confecciono é o legado de D. Francisco Añel, un xastre e artesán de Castro (Laza), que confeccionou centeares de traxes e carautas de Peliqueiro e que me ensinou durante meses de formación tódolos detalles que envolven a confección dun traxe de Peliqueiro, o patronaxe das pezas, a costura dos galóns, a feitura dos encaixes e as lás.

Mª Dolores Pérez Costa

O meu nome é María Dolores, máis coñecida como Loli de Queiper Laza. Son costureira e artesá de oficio. Comecei a interesarme pola costura dende ben pequena, con 6 anos gustábame coser trapiños vellos que había por casa, calcetar ou facer gancho coa miña nai. A miña primeira máquina de coser foi unha Sigma, un regalo dos meus bisavós, con ela deseñaba traxes para as bonecas e facía algún arranxo; unha reliquia que a día de hoxe aínda conservo.

Acadei a titulación de Profesora en Corte e Confección con 18 anos pola Academia Central de Corte e Confección. Traballei nunha cadea de costura, nos primeiros anos de profesión como empregada, posteriormente na miña propia cadea.

Durante esta etapa confeccionamos unha gran cantidade de prendas para varias firmas coñecidas como Zara, Roberto Verino, Angelo Milano, etc

Loli con Francisco o xastre de Castro

No ano 1998 a Comisión Galega de Artesanía cencédeme a Carta de Artesá nº 191 en Traxes tradicionais populares, renovándose no 2008 coa cualificación de Obradoiro Artesán.

Logo Queiper Laza Confeccion Artesanal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.